FOTO by DRA. MIGRAÑA

HISTORIA

FOTO by XAVI SECO

Doctor Migraña & The SpeedyFriends nace, como tal, no mes de decembro de 2022 cando un grupo de amigos se xunta para ​botar unha “pachanga musical”. A cousa vai a máis en deciden montar un repertorio para defendelo nos directos.


A idea era clara: rock clásico como base para cancións de autor, con letras sinxelas e directas e estribillos pagañentos. Como ​quen non quere a cousa, foron botando man de vellas composicións para darlle un aire renovado e máis roqueiro, que sumadas ​a novas cancións deron forma a un repertorio completo.


O primeiro directo foi no mes de xuño na Sala Clandestino (Ribeira) no que acadaron un ‘aforo completo’. Despois viñeron ​outros como na Festa da Dorna, Festa do Polbo, Festa do Carme do Castelo, Sala Real,...


O 2024 preséntase como un ano moi positivo. Xa están a traballar na súa primeira gravación e comezan o ano con varios ​concertos, como o 11º Aniversario da Recoveira (Ribeira).


A día de hoxe a banda está formada por: Chin Blanco (Batera), Chamaquito Pistolas (Teclas, Saxo e Coros), Juancho Blackfinger ​(Guitarra Solista e Coros), Miguel The Bassman (Baixo e Coros) e Dr. Migraña (Guitarra Rítmica e Voz).


Se tes a sorte de tropezarte con eles e directo, non pases de largo, aseguran que non deixa a ninguén indiferente.

DISCOGRAFÍA

· CROSSROADS ·

(2021)

Terceiro traballo publicado no ​2021. Consta de oito canción​s compostas, gravadas e misturad​as durante a pandemia COV​ID-19, e cun carácter, claramente,​ quitapenas. Gravado int​egramente​ en Ribeira.

MMXIV

(2014)

Segundo traballo publicado no ​2014 con sete cancións das q​ue podemos destacar unha versi​ón do mítico "Cadillac" e a sinton​ía do programa de radio "El Rinc​ón Clandestino". Gravado a med​io camiño entre Santiago ​de Compostela e Ribeir​a.

Doctor migraña ​(2011)

Primeiro traballo homón​imo publicado no 2011 con ci​nco temas máis un bonus tra​ck, gravados entre Cabana​ de Bergantiños, Santiago​ de Compostela e Ribei​ra.

VIDEOCLIPS

PRÓXIMOS CONCERTOS

n

Textured Brutalist Sun Blaze Element

????

CONTACTO

doctormigrana@gmail.com